martes, 4 de noviembre de 2025
lunes, 9 de junio de 2025
En febreiro de 2021 a Consellería de Educación publicou un Plan de Benestar Emocional a disposición dos centros educativos cunha proposta de actividades para previr e atenuar a influencia da pandemia.
En outubro de 2023 publica a Guía para o seu desenvolvemento. A guía contén numerosas propostas grupais e individuais, para alumnado, profesorado e familias, para dar resposta a situacións cotiás de convivencia que se producen nos centros educativos. O fin último destas propostas é desenvolver a competencia socioemocional do alumnado.
sábado, 3 de mayo de 2025
Día contra o Acoso Escolar.
O día 2 de maio celebramos o día contra o acoso escolar (bullying) así que dende o CEIP Manuel Sueiro queremos decir ben alto que non queremos que ningunha nena/neno se sinta triste, só ou maltratado por ninguén. No noso cole todas e todos somos importantes. Aquí aprendemos xuntos, xogamos xunto e cuidámonos os uns aos outros. Cando axudamos a un compañeiro/a, cando decimos unha palabra amable e cando nos damos conta que alguén precisa apoio e tendémoslle a nosa man… estamos construíndo un cole mellor.
O alumnado, as mestras e mestres…todos formamos parte de esta gran familia. E imos traballar para que o respecto, amizade e alegría vivan en cada rincón das nosas aulas e patios.
Queremos aportar o noso gran de area para que o noso alumnado, profesorado e familias teñan recursos para poder sensibilizar, previr, intervir ou actuar se é o caso.
Para visualizar e previr o acoso escolar dende a biblioteca escolar recomendamos uns contos para traballar co noso alumnado máis pequeno e para os maiores outras actividades que fagan reflexionar sobre o tema.
10 maneiras de tratar ben aos demáis
Actividade grupal e outros recursos
Para as familias e profesorado tamén recomendamos un libro de Lolita Bosch STOP al BULLYING, unha guía con recursos prácticos para axudar ás familias, as nenas e os nenos e os entornos educativos. Un espazo de referencia para tódalas persoas que queren sensibilizarse, previr, intervir ou actuar contra o acoso escolar. Non só contra o acoso, propiamente dito, senón tamén contra todos os seus flecos: racismo, aporofobia, machismo, xenofobia,etc.
Unha web dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos, mozos, persoas adultas e familias.
Para finalizar esta noticia recomendar as familias esta fantástica conferencia de Carles Capdevila “Educar con humor”. Carles fala de maneira sincera sobre as partes boas e as menos boas da paternidade, pero sempre dende un punto de vista moi optimista, divertido e con moito humor. Na súa opinión, as familias "temos que asumir que o reto é moi difícil pero que é posible e polo tanto ter este equilibrio de saber que é o que temos entre mans é o máis importante do mundo, o máis trascendental, xogámonos o futuro da humanidade, pero facer esta misión sen demasiados complexos,sen medos"
domingo, 20 de abril de 2025
Benestar emocional: un camiño que percorremos xuntos
Ola a todos e todas!
Dámosvos a benvida ao novo blog do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, un espazo creado para compartir experiencias, recursos e reflexións sobre o benestar emocional da nosa comunidade educativa.
Neste primeiro artigo queremos lembrar a importancia de coidar as nosas emocións, especialmente nestes tempos de cambios e retos. O benestar emocional é fundamental para aprender, convivir e medrar como persoas. Por iso, este curso poñeremos en marcha diferentes iniciativas para fomentar a autoestima, a empatía e o respecto entre todo o alumnado, profesorado e familias.
Animámosvos a participar activamente, a compartir as vosas ideas e a facer deste blog un punto de encontro onde todos e todas poidamos sentirnos escoitados e acompañados.
Xuntos e xuntas, construímos unha escola máis feliz!
O equipo do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro




