martes, 4 de noviembre de 2025

O primeiro xoves de novembro, a UNESCO declara o Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar . Dende o CEIP Manuel Sueiro queremos aproveitar esta data para lembrar a importancia de construír, entre todos, un entorno basado no respeto, a empatía e a boa convivencia. O acoso escolar é un problema que implica a toda a comunidade educativa: alumnado,profesorado e familias. Por iso, non basta con falar de él soamente un día, senón que debemos traballar en cada xornada escolar para fomentar relacións positivas, a escoita e o apoio mutuo. Porque a convivencia apréndese e constrúese día a día, con pequenos xestos que fan grandes cambios. 
 A nosa escola utilizará recursos educativos como vídeos e contos para axudar ao alumnado a reflexionar sobre como as nosas palabras e accións inflúen nos demáis. A través de estas historias, os nenos e as nenas podrán poñerse no lugar do outro, comprender a importancia do respeto e descubrir que todos podemos ser parte do cambio. Aquí vos deixamos 6 curtametraxes para reflexionar sobre o acoso escolar:
Fai clic nos títulos para acceder á curta:

              1. Erizo

              2. No juegues conmigo

              3. Piedra, papel o tijera

              4. Superheroes against

              5. Se buscan valientes

              6. Activa tu poder

 

Tamén recordaremos todos os días estas pautas que nos axudarán a unha mellor convivencia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario