O día 2 de maio celebramos o día contra o acoso escolar (bullying) así que dende o CEIP Manuel Sueiro queremos decir ben alto que non queremos que ningunha nena/neno se sinta triste, só ou maltratado por ninguén. No noso cole todas e todos somos importantes. Aquí aprendemos xuntos, xogamos xunto e cuidámonos os uns aos outros. Cando axudamos a un compañeiro/a, cando decimos unha palabra amable e cando nos damos conta que alguén precisa apoio e tendémoslle a nosa man… estamos construíndo un cole mellor.
O alumnado, as mestras e mestres…todos formamos parte de esta gran familia. E imos traballar para que o respecto, amizade e alegría vivan en cada rincón das nosas aulas e patios.
Queremos aportar o noso gran de area para que o noso alumnado, profesorado e familias teñan recursos para poder sensibilizar, previr, intervir ou actuar se é o caso.
Para visualizar e previr o acoso escolar dende a biblioteca escolar recomendamos uns contos para traballar co noso alumnado máis pequeno e para os maiores outras actividades que fagan reflexionar sobre o tema.
10 maneiras de tratar ben aos demáis
Actividade grupal e outros recursos
Para as familias e profesorado tamén recomendamos un libro de Lolita Bosch STOP al BULLYING, unha guía con recursos prácticos para axudar ás familias, as nenas e os nenos e os entornos educativos. Un espazo de referencia para tódalas persoas que queren sensibilizarse, previr, intervir ou actuar contra o acoso escolar. Non só contra o acoso, propiamente dito, senón tamén contra todos os seus flecos: racismo, aporofobia, machismo, xenofobia,etc.
Unha web dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos, mozos, persoas adultas e familias.
Para finalizar esta noticia recomendar as familias esta fantástica conferencia de Carles Capdevila “Educar con humor”. Carles fala de maneira sincera sobre as partes boas e as menos boas da paternidade, pero sempre dende un punto de vista moi optimista, divertido e con moito humor. Na súa opinión, as familias "temos que asumir que o reto é moi difícil pero que é posible e polo tanto ter este equilibrio de saber que é o que temos entre mans é o máis importante do mundo, o máis trascendental, xogámonos o futuro da humanidade, pero facer esta misión sen demasiados complexos,sen medos"


