domingo, 19 de abril de 2026

 

No noso centro educativo temos claro que aprender vai moito máis alá dos libros. Por iso naceu Fálame bonito, un proxecto de educación emocional pensado para mellorar a forma na que o noso alumnado se relaciona consigo mesmo e coas demais persoas .

Vivimos nun mundo no que as palabras teñen un poder inmenso: poden construír pontes ou levantar muros. Fálame bonito xorde coa intención de poñeren valor a importancia da comunicación respetuosa, da empatía e do coidado mutuo. Ao longo do proxecto, o alumnado participou en diferentes actividades nas que traballamos a identificación e xestión das emocións, a escoita activa e a resolución pacífica de conflitos.

A través de dinámicas, xogos, reflexións compartidas e pequenos retos do día a día, fomos creando espazos seguros onde cada persoa puido expresarse sen medo a ser xulgada. Pouco a pouco, fomos vendo como as palabras cambiaban, como os xestos se volvían máis amables e como o ambiente no centro se facía máis acolledor.

Pero Falame Bonito non remata nas aulas. Este proxecto quere chegar tamén ás familias e a toda a comunidade educativa, porque educar en emocións é unha tarefa compartida. Cando falamos bonito, cando escoitamos con atención e cando respectamos as diferenzas, estamos a construír unha convivencia máis saudable e humana.

Seguiremos traballando nesta liña, convencidos de que educar dende o corazón é o mellor camiño para formar persoas máis conscientes, máis empáticas e máis felices. Gracias a profe Miriam por ser a encargada da planificación e visualización do proxecto e os seus  alumn@s  de 3º E.P. encargados de ir cada día a explicarlle os retos as outras aulas. Aquí podedes ver todo o proxecto.

https://drive.google.com/file/d/1SRQbScGVbuuMs-0eBMIM02vGSRTYA4C7/view?usp=sharing




No hay comentarios:

Publicar un comentario